sábado, 7 de outubro de 2006

Ken

Quedo para tomar algo o dia do Padroeiro e atopo que todo o mundo está baixo mínimos, asi que ninguén sai como non sexan Ti e Lura, que trai consigo novo acompañante, outro máis sacado das profundidades dun chat, e xa perdin a conta.
Pero se ela é sempre unha Barbie, rachando praza abaixo sobre os tacóns altísimos, enfundada nos leggies e botando atrás o longo pelo negro unha vez e outra vez, nunca como hoxe o acompañante se pareceu tanto a Ken: acaba de facer implantes capilares e mostra unha fronte de boneco da que é difícil apartar os ollos cando Lura mo presenta.
Entre cañas e polvo, acabamos falando de lavores domésticos e rendemos homenaxe a ese maravilloso invento chamado Driron; e conta Ken: Cando me divorciei levei comigo 4 camisas; agora teño máis de 30. Por non pasar o ferro, compro.

8 comentarios:

Tongzhi dixo...

Eu também aderia à roupa descartável :) heheheheh

Morgana dixo...

¡Hay que ver lo malo que puede ser ud. a veces, caramba!:)

Lúa dixo...

non sei, pero non convence nadiña o rapaz....
Apertas!!

Mrs.Doyle dixo...

Nada, nada...

nona dixo...

Vaia tropa a luguesa!!! O que non cae esvara.
(Por certo, as fotos foron un momento de entusiasmo: atopei a cara da miña nai na miña, fíxome unha ilusión que case mexo por min; pero axiña me deu vergoña. Ainda non se me dá moi ben o de exhibirme ou expoñerme.

Peke dixo...

Como siga así, axiña lle ha quedar cativo o roupeiro.

X dixo...

Gústame cando fai uso dese seu estilo que fai pasar por fina apreciación o que noutros resulta burdo cotilleo.
Por certo, moi ben escollida a imaxe.
Ao final eu tamén andei polo San Froilán.

Arin dixo...

Inda se ha de cansar Barbie de Ken e vostede sen actualizar!