xoves, 5 de outubro de 2006

Decesos

Miña mai diría que é pola caída da folla, pero desde hai dias a lista de blogues mortas, presunta ou confirmadamente, non deixa de aumentar.
Á lamentada e sorprendente clausura do Pitiño súmase hoxe o lacónico epitáfio Bitácora dada de baixa escrito na pantalla, branca coma unha lápida, d' A tensa calma da catapulta.
Mentres, From lost to the river, Laranxa, Velis Nolis e O mundo do Cláudio permanecen nun limbo indefinido e inalterabe hai semanas ou meses cuxa quietude recorda a morte demasiado.

E eu, que o pensei ás veces, anuncio que por agora non vou fechar o local.

4 comentarios:

nona dixo...

Eu tamén sigo co chiringo aberto,ainda que só sexa para poñer fotos da miña cadela.

Manuel Rivas dixo...

Eu tampouco vou pechar. A lo menos non nun tempo.

X dixo...

Paparruchas, paparruchas, a ver, díganme motivos para cerrar un blog.
É que hai moito desconsiderado nisto dos blogs, senón como se explica que Laranxa nos teña así desde o 11 de agosto, por non falar de Velis Nolis, que eses ollos azuis azuis azuis que noutrora resultaba ferintemente fermosos se teñen convertido en aborrecemento.
E vostede verá, Kaplan, terrible será o meu post de despedida :P

Sr. Pito de Galiñeiro dixo...

Vaites, volvo de viaxe e vexo o meu propio epitafio... Isto do Internet é un mundo... Sr. Kaplan, sen o seu blogue non chegaría ata onde cheguei e non se preocupe, que nalgún momento reencarnareime en lesma ou algo así e volverei... se é que os budistas teñen razón ;-)