Protección Civil prevé precipitacións que poderán acumular ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas, e refachos de compoñente sudoeste de máis de 100 quilómetros á hora, co que se recomenda evitar os desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa desde balcóns, fiestras e tellados, e afastarse de edificios en ruína ou construción, árbores e paneis publicitarios.
Estaremos, pois, en alerta laranxa e as aulas están suspendidas, co que me erguerei máis tarde pero non tanto como para non saír a comprar unhas cousas nas rebaixas se non me desgraza algunha tella voadora e o vento non me leva consigo: hei de renovar o fondo de armario e inxectar algo de liquidez nunha economía glacial, case meteorolóxica.
Despois do xantar tomarei café aquí cun Teddy en plena migración, desafiando o temporal.
(O que me recorda que mañá teño que comprar café, ir á famacia e comprar pastas).
9 comentarios:
Pero non lle saen bastante máis baratos noutros establecementos?
:O
aquí en Vigo estamos sen clase e cun día bastante mellor que calqueira das dúas útltimas semanas... é todo moi raro
Tivemos un mediodía fortísimo, pero pola tarde B saíu coa cadela ao monte e aínda non volveron.
Pois aquí o mesmo ca onda Peke, pero eu si volvín do paseo.
E diga vostede que os compra onde lle peta pero que se puxo "farmacia" foi só para que soubésemos o que ía comprar. Ou non?
¡Ha follado, ha follado, ha follado!
:D :D :D
Non teña vergonza, señor Kaplan, adiviñamos nós, non no lo dixo vostede. Porque as sabas cambianse todalas semanas e ultimamente tamén eu tiven que comprar un antigripal...
¿por qué os homes son tan mal pensados?Non fai falta estar en alerta para que esas cousas pasen...
señor, que vergoña! :-/
Espero que a tempestade não tenha sido muito ruim. Dois dias se passaram, e não tem nenhum novo post.
Publicar un comentario