mércores, 25 de febreiro de 2009

Braga

Por un blogue que sigo entéirome de que a policía de Braga (non debía ser doutro xeito, pois en Braga estaban) confiscou, en nome da decencia e a moral e a pedido de pais de familia, cinco exemplares expostos na Feira do Livro que mostraban na capa A orixe do mundo, de Courbet. O xornal di tamén que a policía interveu para evitar desordes públicas, pois os rapaces bracarenses acudían en masa ao stand onde se expuña a obra.
E iso que os libros eran cinco e a feira estaba en Braga.
Por temor a que haxa aquí tumultos ou que Big Brother me colgue ante portas o letreiro de para adultos, só poñerei o enlace ao cadro; e como ilustración do post, unha decorosa, púdica e honesta Braga (dúas en realidade, e a pouco máis de colo cisne).

2 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Tamén eu o lin en varios blogues e quedei pampa perdida, ou asustada, non sei ben, porque estas cousas meten medo e moito.

Sun Iou Miou dixo...

Por certo, que acabo de colocar o cadro do oprobio no blog. Se vou presa, mándeme bocata de lima ao caldeiro, sexa bo.