De todo este rancio rivaival de tricornios, transistores, ucedés, adolfos e reis magos con que nos levan semanas bombardeando por terra, mar e aire, o que máis impactou á señorita Kaplan foi a meleniña que, segundo ela, lucían daquela os presentadores dos telediarios.
Tanto que até mo dixo cando onte á noite chamou, antes de se ir deitar, para contarme que fora difrazada de dama medieval.
Eu xa tremo con só pensar que fará ou dirá a miña filla o día que descubra nas fotos onde me chegaban a min o pelo e a barba non moito despois daqueles mesmos días vergoñentos.
Porque, unha vez máis, está claro que nós, os daquela, xa non somos os mesmos.
2 comentarios:
Eu, dígoche a verdade, e con todo o peso dos anos e das dores varias, alégrome moito de non ser a mesma. Ao demo vendíalle a alma só por quedar como estou agora, coa cabeza e o corazón de pedra. Pena non crer.
Claro que non somos os mesmos, gracias a Dios.
Algo mellorados estaremos ¿non? Claro que vostede preguntaba un día as avantaxes de avellentar...
Eu non quero volver ser aquela pánfila...
Publicar un comentario