Hai uns poucos anos, Ruíz Zafón era o autor dunha mala novela que, coma outras malas novelas, tiña sen embargo o punto de resultar entretida e satisfacer eses primarios instintos dos lectores lentos e preguizáns coma min, que darían anos de vida por ler novelas de mil páxinas dunha sentada.
Agora Ruíz Zafón volve con outra mala novela, mira que mo advertiu Tere Holmes, a propietaria do enxendro, ao prestarmo hai meses, esta vez é un carallazo de órdago e proporcións bíblicas que me ameaza desde a mesa de noite cando me deito e cando me ergo, porque o teño á deriva.
Sen renunciar de todo aínda ao anxo xogantín, zapeo por aí sen moito éxito até chegar á primeira das nocillas de Fernández Mallo, da que gosto tanto como da outra, ou sexa, moito. Na contraportada preséntana como zapping literario e docuficción; eu vexo nela a curiosidade indisciplinada por isto e aquilo e o de acolá que inzan a maioría dos blogues que me interesan.
Onte á noite, mentres sentía o anxo hroña que hroña na mesa, atopei dentro da nocilla este texto, que copio, traduzo e envío para que sirva de consolo a Teddy.

Ano 2054. Os meus netos están a explorar o faiado da miña casa. Descobren unha carta datada no 2004 e un CD-ROM. A carta di que este disco CD-ROM que teñen entre as súas mans contén un documento no que se dá a chave para herdar a miña fortuna. Os meus netos teñen unha viva curiosidade por ler o CD, pero xamais viron un salvo nas vellas películas. Mesmo cando localizasen un lector de discos axeitado,como darían feito funcionar os programas necesarios para a interpretación do disco? Como poderían ler o meu anticuado documento dixital?Dentro de 50 anos o único directamente lexible será a carta.Jeff Rothemberg
3 comentarios:
Non me compara a Ruíz Zafón con Dan Brown, por favor. O primeiro, cando menos, sabe escribir.
Ha ha ha! Por vezes adoro ler trash. peke que me mate, mas lí todos os dan browns que existem, e me sentí bem entretido... Isso me faz imbecil?!? Não consigo ler Kirkegaard diariamante :-)
Pois desta, dona peke, non estou con vostede. O señor Zafón paréceme, mesmo nas súas declaracións, zafón, zafón...e, ese parrafiño que nos da o residente en Ítaca, fala dunha verdade que convén pensar...
Por certo, señor Kaplan, canta claridade na foto do blogue...
Publicar un comentario