A ela ábrense, sucesivamente, os edificios da Biblioteca Nacional, a Universidade e a Academia, e aínda máis adiante, a praza Syntagma e o Parlamento; e por ela camiñamos no serán do Domingo mentres poñemos a proba a paciencia de Nikos parando a cada pouco a fotografar esa especie de decorado kitch creado no XIX para acoller as institucións da nova capital, segundo el mesmo nos explica.
Nada faltou que non viñese no manual do turista consumado: nin as fotos do cambio de garda dos evzones na praza Syntagma, nin a conversación sobre ecumenismo no adro de Agios Dyonysios, a catedral católica, nin asomarnos ao xardín enreixado da casa de Schliemann, hoxe convertida en museo numismático, nin, para rematar, unha cea opulenta e gorentosa nun restaurante de Plaka.
Por último, tras deixarmos a Nikos na acostumada boca do metro, Teddy e eu regresamos, máis zombis que nunca, ao hotel.
2 comentarios:
Cada vez decátome máis de cánto partido lle tirou á viaxe...
E eu pensando que este texto trataba dalgún meu parente grego...
Publicar un comentario