mércores, 29 de xullo de 2009

Desastre rosa

Parece o título dun episodio da Pantera Rosa, pero en realidade é unha humillante catástrofe doméstica.
Balance: dúas toallas, un rodillo, tres camisolas e dúas bragas da señorita Kaplan, unha camisa, unha camisola e tres calzóns meus saíron esta mañá da lavadora pintados cunha insultante cor chicle de morango, e a esta hora están a mollo nun caldeiro, esperando acontecementos.
O presunto culpable de tal desastre: un pantalón vermello da señorita Kaplan, que desobedeceu esa regra non escrita segundo a cal a roupa de nenos non destinxe nunca.
E sen embargo, o que máis mal senta de todo isto é non ter a quen lle botar as culpas. Brrr

5 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Garde os calzóns rosa, din por ahí que con eles, liga seguro (se se atreve a mostralos).

Anonymous dixo...

Si, si, a culpa é sen dúbida ningunha do goberno por permitir a venda de pantalóns vermellos para señoritas que o deixan todo rosa chicle.
Talvez no defensor do pobo, que seica anda sobrado de tempo, lle resolvan a cuestión.
Saúdos preguiceiros.
X

Sun Iou Miou dixo...

Pois aínda ouvín no domingo eu un remedio para iso (que non experimentei): cócese casca de ovo e introdúcese a roupa nesa auga varias vezes (suxeitándoa cunha pinza da roupa) coma se fai co polbo (pero coa auga a unha temperatura moderada, claro, non lle vai encoller ademais de quedarlle rosita, hehehe!). Unha traballeira con toda a lavadora, pero probe coa peza á que máis cariño lle teña, ou mellor probe antes con unha á que lle teña pouco cariño, por se...
E ánimo! Que sería dos blogues sen estas pequenas catástrofes?

Mr Tichborne dixo...

Eu tiven un desastre azul non hai tanto. Teño desfeitas coa lavadora de cando en vez, non aprendo. Dígoo por ver se anima... (seguramente non)

paideleo dixo...

Un desastre, si.
Tivemos un rato na casa e rillou unha toalla e unha camisola que apreciaba e que estaban na cesta da roupa suxa.
Temos a quen botarlle a bronca pero non nos soluciona a desfeita.