xoves, 2 de xullo de 2009

Post Scriptum


P.S.: Se chegades a ler este post é que estou en plena fuga, e, se a sorte non for adversa, probablemente a esta mesma hora en pleno voo sobre o Mediterráneo.
Como non levo portátil e sigo movéndome na clandestinidade, non hai ningunha certeza de que este blogue se vaia actualizar; tentarei subir fotos e crónicas in situ, pero lembro as dificultades da viaxe a Roma e ao mellor ha de facerse en diferido: será todo o diferente que se queira nesta ocasión, pero eu sigo sen estar feito da pasta dos espías.

P.P.S.: Se ilustro isto cunha foto das ruínas da Acrópole é para que fique claro que xa estaba así cando chegamos, que eu non tiven nada que ver cos estragos do Partenón.
Logo ninguén se chame a engano.

8 comentarios:

Tongzhi dixo...

Espero que quando voltares tenhas deixado tudo na mesma!!!!!

Sun Iou Miou dixo...

Vexo que non, que non perdeu o avión. Espero que non lle esquecese o paracaídas, que non llo vin na lista. Ui, perdón, con sorte igual le isto á volta e safo, safamos todos... xa calo, xa calei.

La queue bleue dixo...

Ui, eu quero umha crónica sobre a comida grega... Divirta-se! Até a volta ;)

Anonymous dixo...

Ogallá sexa tal a ocasión que trema o Partenón todo. Supoño que lerá isto nalgún ordenador perdido, deséxolle unhas felicísimas vacacións, tenas moi merecidas. Apertas.
X

As Tertúlias... dixo...

foi ao novo museu que há pouco foi inaugurado???? demorou nao sei quantos anos para ser construído - dizem que a vista para a Acrópolis é sensacional!!!! Conte! Estou curioso!

bueno dixo...

boa viagem!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

mariajesusparadela dixo...

Divírtase.

rivela dixo...

Boa viaxe sr kaplan e mellores vacaións, xa nos contará á volta( non se esqueza de darlle saudos o Partenon de miña parte). biquiños