Estamos de volta.
Iso si, convertidos en marmotas tras dez días e as súas noites por entre ruínas e museos, camiñando baixo soles implacables á procura de vellos templos cando non dunha sombra piadosa, dun lado para outro en tranvías e metro, en taxi e omnibus, a correr por inacabables terminais aéreas, esfolando os pés coas sandalias sobre mármores gastos ou polo humilde pó que, máis que á épica da historia e a lenda, pertencen hoxe aos turistas que o enchen case todo.
Atrás resta unha viaxe inesquecible por moitos motivos, todos eles bons; por diante, desfacer maletas, lavar roupa, procesar centos de fotos, limpar o tobo, avisar de que volvín.
3 comentarios:
Bem vindo o filho pródigo!
Avisados estamos e esperando relato polo miúdo, iso si, obviando o obvio.
(Non lle dixen que se acaba de estrear cun texto exquisito? Pois dígollo.)
Primeira entrega recibida STOP
Agárdase segunda entrega STOP
Benvido á casa STOP
X
Publicar un comentario