venres, 22 de xullo de 2005

Beiras do Shannon


A confusi'on e a novidade dos primeiros dias van dando paso 'a rotina. Caminho polas vereas do campus coa rec'en adquirida seguridade de quen sabe xa onde se dirixe, coa seguridade de quen levase muito tempo entre estes edif'icios e estas persoas que van resultado xa familiares.
Acordo mui cedo cada manh'a: penso que 'e m'ais devido aos berros acres dos corvos do que 'a luz que entra pola vent'a desde tan cedo.
Aproveitando que o tempo mellorou onte pola tarde (un breve descanso, porque disque manh'a volver'a chover), fixemos unha longa caminhada polas beiras do Shannon. En grupo, claro: hai un par de dias, as autoridades do campus chantaron letreiros recomendando que ningu'en se achegue ao rio se non 'e en grupo.
A raz'on non se sabe, pero xa se formaron dous bandos: os que falan de laxes esvaradias e correntes acu'aticas, e os que falan de malfeitores, mesmo fennians, perigosos.

O paseo conclu'iu 'a volta dunha mesa en que desfrutamos dunha boa cea e dunhas boas pintas; estaba xa decidido que este fin de semana non irei a Dublin.
E tam'en que Paul, o irland'es, chegar'a a Limerick manh'a polo meiodia. Como hai excursi'on, a resid'encia estar'a case baleira.

3 comentarios:

Anonymous dixo...

"Cada un deles 'obvia e 'odia ao outro nas respectivas mensaxes.
E agora son eu quen os 'odia, quen os vai obviar aos dous"

¿?, ufffffffffff. Non percibín ben. :&

De todolos xeitos, boa andadura.

Anonymous dixo...

Isto ía primeiro


"O paseo conclu'iu 'a volta dunha mesa en que desfrutamos dunha boa cea e dunhas boas pintas; estaba xa decidido que este fin de semana non irei a Dublin.
E tam'en que Paul, o irland'es, chegar'a a Limerick manh'a polo meiodia. Como hai excursi'on, a resid'encia estar'a case baleira.

Peke dixo...

Seguro que rolda un psicópata asasino pola beira do río. Andar en grupos é un bo consello. ;)