domingo, 13 de novembro de 2005

Domingo


Pola mañá marcha Nona deixando atrás (e levando consigo) horas e horas de conversa, miles e miles de palavras que só en parte deron acougado algo do meu desasosego destes dias.
O móbil, silencioso como un seixo, segue adormecido enriba da mesa desde o último parte de saúde, Venres, via sms: O neno xa pousa o pé e pode saír á rua.
Pero o que pior vou levando é o tempo.
O seu paso, digo.
Antonte, cando o médico me preguntou a idade para encher a ficha, dixen-lla exactamente e sen vacilar; sen embargo, sentin a frase tan inaudita na miña voz como se dixese devo estar ovulando, ou como se dixese desde que son sacerdote, ou algunha cousa asi.

E mentres isto escrevo, vexo desde a xanela a chúvia e o vento varrer da rua as follas secas e amarelas que o Outono reclama para si.

5 comentarios:

Anonymous dixo...

¿cuantos son? ... los años me refiero

Anonymous dixo...

brrrrrf os anos! que frio que dan...

Arín dixo...

Por certo: son arín

Cesare dixo...

o parte comunicáronllo oralmente ou por sms?

Laurindinha dixo...

Esta historia inda vai dar máis de si... Non creo que Zara se esqueza facilmente do que vivistes xuntos.