venres, 25 de novembro de 2005

Móbil

Recupero o vello móbil tras levá-lo a liberar, e unha sensación de enorme contento chega con el.
Certo que pesa máis e é máis grande, que non ten cámara de fotos nen de vídeo, nen conexión posível á Rede; que tampouco é politono nen falta que lle fai; que non me lava a roupa nen me indica a presión sanguínea ou as calorias que consumin durante o dia, e demais cousas desexáveis.
Que, en definitiva, só serve para falar e intercambiar mensaxes.


Sinto-o pola miña sobriña, que agora é dona do vello móbil con cámara e as outras mil insospeitadas, imprescindíveis inutilidades.
Porque, como esquecer aquela mirada sua cando comprendeu que o seu pobre tio estava a perder o xuízo?

3 comentarios:

bueno dixo...

Perder o juízo não é tão mal assim, afinal perde-se o juízo, mas talvez ache-se outra outra. "É perdendo que se acha?!?" E pelo menos a sobrinha se deu bem e ficou com o celular melhor. É meio como comprar um novo sapato. A gente gosta dele, mas mal pode esperar para chegar em casa e trocar pelo velho tênis confortável. Gosto muito dos teus posts, do teu ponto de vista híper-sensível. É sempre um prazer vir aqui te visitar! Desculpa a ignorância, mas essa língua, é galego?

Le Petit Poyon dixo...

Pois eu tamén me sentín medio ludita cando fun á tenda hai uns días e lles pedín específicamente un móbil que non tivese ningunha carallada desas e que só servise para falar... Despois das miradas raras, alomenos houbo unha vantaxe: foi ben doado escoller entre a "innumerable" oferta do catálogo de puntos... O que me deixa algo confundido é que o seu non vibre :-p

Peke dixo...

Mentres o aparello funcione ben...