luns, 14 de novembro de 2005

Forrenta

Pode ser algunha das doenzas asociadas á idade, ou mera consecuéncia dos excesos destes dias, pero esta mañá, cando ía para o traballo nen vin o sinal de saída, e a pouco máis aparezo na beiramar; para completar o dia, vou esperar a Vapin á porta do traballo ao meiodia para tomarmos un viño, e este adia-se porque esquecin que o meu amigo marchou onte para Madrid.
Duvidando mesmo da sua existéncia e de que, de confirmar-se esta, Zara tivese comigo algun tipo de relación íntima, decido-me a reanimar o móbil para enviar-lle unha mensaxe solicitando a apertura de conversacións.
Xanto na casa dos meus pais, e cando chega a resposta pola mesma covarde via (Ok. Chama-me Mércores meiodia), estou tentando quecer ao sol enfermo na cafetaria do Parque, xunto a Polis, e resumo para el a cea rusa do Venres. Pouco tardo en descobrir que non ten nengun interese na sopa shchi ou nos ingredientes do abrigo de inverno para o arenque, nen tampouco nos costumes culinários dos kazaxos ou nos bríndis con vodka.
Desvergoñado e deslinguado, relata-me aventuras de fin de semana na lua e acaba-me revelando para que pode servir un móbil con vídeo, de xeito que desde esta tarde a palavra trípode ten para min unha nova acepción vinculada a Tádsio.
A el e ao seu pedazo de lua.

8 comentarios:

fisiologus dixo...

ya sé que es tarde pero felicidades por tu cumpleaños. bicos.

Le Petit Poyon dixo...

Se xa o fai habitualmente, leva uns días especialmente lúcido na escolla das fotos, están moi ben. Tranquilo co paso do tempo, a min tamén hai veces que os meus seis meses me pesan coma unha lousa, pero as máis das veces, síntome Flex.

nona dixo...

Veña, home, que non te excediches tanto. Se non recordo mal, nin siquiera tomaches postre no Campos. Eu si que estou excedida e hinchada coma un globo ainda hoxe (o guiso do domingo na casa dos meus pais sentoume coma un tiro, viña derreada por coller por Somozas en vez de polo Caxado por consello paterno; unha estrada cheirenta de todo). Mellórate.

Laurindinha dixo...

Ou sexa que a historia con Zara vai continuar...?

Anonymous dixo...

Yo pregunto nuevamente... ¿cuántos?

Morgana-desde-Ourense dixo...

Yo creo que son los que dice la foto y hasta el título del artículo.

Velis dixo...

Hi ha costums culinaries ben estranyes, si... ;-)

bueno dixo...

querido kaplan, gosto muito de ler seus posts, embora tenha que admitir ter, as vezes, uma certa dificuldade em entendê-los. Pode parecer piegas, mas gostaria mais de saber da tua história, saber quem se esconde atrás de tão belas palavras. quantos anos você tem, o que faz aí na espanha (é espanha mesmo?)e pq insiste em manter uma relação com Zara! No mais, te desejo um bom fim de semana, cheio de realizações! (agora ficou piegas de vez)