venres, 11 de novembro de 2005

Ventos


Non sei mui ben se traída polo vento do Leste ou polo vento do Norte, onde vive, pero mañá Nona chega a Ithaca e ameaza gastronomicamente con que as nosas cinturas rebasarán o seu limes, e o certo é que por unha boa conversa das nosas eu cederia até o meu direito de primoxenitura.

Non será necesário sen embargo que se afane nos lavores de costura; suturar un corazón a ponto de cruz é sempre un traballo ingrato, pero non é mester nesta ocasión, talvez por xa estar encalecido e cheo de cicatrices, ou porque ainda non percebeu toda canta desgana rezumava o móbil onte ao falar con Zara, ou porque na realidade o noso non foi máis do que un xogo falso e perigoso en que os dous acreditamos, ou non, pero que nen sequer foi necesário desfacer en alcol cando Polis ofreceu que nos emborrachásemos, pola noite, aqui mesmo.
Tampouco sei que vento o traeria a el, pero apareceu despois de cear, inesperadamente, e con el un relóxio de pulseira impresionista como presente de cumpreanos, unha lámina de Courbet que non poderei colgar en nengun lugar da casa, e unha alegria contaxiosa que funcionou como un bálsamo para este corazón cansado.
Esta noite, na nosa cea dos 11 ás 11 (que Ti travestiu inexplicavelmente en cea rusa), e á vista da situación fibrilar de Vapin, Estridente, Mirinda e Vladimir que Polis diagnostica, comprovarei se o que sucede é que zoan malos ventos para eles ou se se trata dunha epidémia.

4 comentarios:

nona dixo...

Aquí Mary Popins avisando de que chego para comer, eh, xa cho puxen noutro comentario a un post anterior. A ver se teño as tripas en condicións, porque estou pegando unhas fartas de castañas crudas que xa pertenzo máis ao estado gaseoso que ao sólido ou líquido. Chamareite cando chegue, pero quedei en deixar a Lula (queda cun adestrador de aquí que ten servicio de residencia canina) entre as 10 e as 11, así que conta con que estexa aí á unha ou así.

Laurindinha dixo...

Entón xa se acabou a historia con Zara?Co que me gustaba...

Kaplan dixo...

non digo que acabase, digo máis ben que fago por sobreviver a esa história

Holmes dixo...

Perdoa por esquencer o teu cumpreanos