mércores, 2 de novembro de 2005

Presentacións

Perfeitamente escollida para un escuro serao de Todos os Santos, vou con Vapin ver a nova película de Tim Burton. Muito máis tenra que o Pesadelo, coa que alguns a levan comparado, e máis dinámica e redonda que Charlie, que a muitos (non a min) defraudou.
E tamén unha magnífica oportunidade para as presentacións.
En canto pasamos ao vestíbulo do cine, gardando eu ainda na carteira o cámbio e o pedaciño da entrada, Vapin chama-me a atención sobre un neno de cazadora verde que exixe que lle compren millo no ambigu; sua mai traballa nunha cadea de roupa e seu pai non, pero hai quen lle atopa parecido cun actor americano.
Desexando que a terra me tragase, pasamos xunto a eles; o neno devorador de lambonadas é quen decide a sorte da escena ao dicer-lle a sua mai que me mire, e daquela ten que me saudar-me, e eu a ela, e o marido cámbia de mao o enorme vaso de papel encerado para tender-me a mao mentres Zara explica que me coñece deste Verao no Parque, que teño unha nena e que a levava aos colúmpios, e que dávamos xuntos a merenda aos nosos, e isto e aquilo mentres el me sacode a mao con pouco vigor, case brandamente penso agora, e tatexo calquer cousa con tal de terminar aquel papelón que a Vapin diverte tanto como a mellor comédia, dirá logo, sentados xa os dous na penumbra do salón.
Por fortuna, escolleran a outra película.
Cando saímos, tomando algo mentres fóra a noite se tornava máis e máis hostil, Vapin di que estou completamente tolo se creo que a história con Zara sairá ben; ainda máis: pregunta-me con que parte do corpo podo estar soñando que Zara algun dia...

8 comentarios:

Arin dixo...

"¡Y de aquellos polvos vinieron estos lodos!"
Cóideseme, ande, e sexa bo

nona dixo...

Non lle fagas nin caso a Vapin. Para el sempre é mellor non remexer nada na vida. Eso si, véxote moi fatalista, e paréceme que se as cousas non vos saen a Zara e máis a ti vai ser máis culpa tua que dela. Non te ofendas, que sabes que cho aviso por ben.

Laurindinha dixo...

Pero Zara segue co pai de Zidane? Pensei que estaban en proceso de afastamento (ou xa afastados)...
O que está claro é que Zara non emprendería unha historia tan bonita contigo se todo fose ben coa súa parella...
Pero comprendo que nese momento desexarías que te tragase a terra...
Aínda que tamén é emocionante ver como tras as aparencias existe outra realidade...

Anonymous dixo...

:-o

Holmes-tenuqui dixo...

Sabes que últimamente no tengo tiempo para nada y que mi vida será un caos hasta que me organice un poco y se resuelvan algunos problemas familiares. Estoy agotada aunque sea domingo pero antes de irme a la cama decidí echar un vistazo a ver que te contabas y me encuentro con no sé que historia sobre que tu anterior dirección de blog ha sido “okupada” por alguien que escribe en inglés. Ya sabes lo mal que me pareció que estuvieras contando tu-nuestras vidas en la web y que encima intentaras hacerme cree que ya no la escribías porque la blog había desaparecido hasta que conseguí volver a encontrarla después de limpiar la nevera. Como sea otra artimaña tuya para seguir contando cosas sin que me entere… ¡ya hablaremos tú y yo en cuanto pueda ir a...¡Lo de Zara ya te vale! ¡ibamos a ir juntos a ver esa peli o bajarla de internet, traidor!!!!

nona dixo...

Vas ter que volver a fugarte, amigo.

Daniel R. dixo...

¡ Eu sigo sen ter a culpa de rem! ¡ de verdade!... e os do rocho xa fai tempo que se esqueceron das "incursións"¡.

Moraima dixo...

A descrición do primeiro parágrafo, sublime!

Desde o pasado agardo poñerme ao día co presente canto antes para saber o que xa pasou.