A data exacta é imprecisa, pero esta blog fai un ano estes dias; nego-me rotundamente a empregar palavras manidas nas efemérides, asi que aqui non houvo parto nen criatura, nen haverá cabodano ou celebración.
Robinson deixou a desolación da illa e, feliz como Ulises, vive xa entre os seus parentes.
O mundo deu a volta a Kaplan en 227 post, pero o coitado segue indescifrável: Sóbolos rios de Babilónia sentou, e pena con saudades de Sión; mentres, pasma a mirar non sei ben o que, cousas penduradas nas árvores.
11 comentarios:
Parabéns! Nos ríos de Babilonia tampouco se está tan mal...
Ei, um ano é muita coisa! Espero que eu consiga chegar lá! Seus posts me inspiram, e gosto muito de passear aqui por esses lados. A vida passa, o blog passa, mas a procura continua. Um abraco bem apertado!
PARABENS!!! dunha recén chegada a estes lares.
:)
¿Que cousas penduran das árbores?
(Parabéns, por certo).
o mesmo digo!!!! Robinsom.... tás naufrago??? colhémos-te???
O Capitam do barco pirata.
Parabéns! E déixese de harpas e de gaitas... :-)
Parabéns!!
Eu acho que merece sempre uma comemoração. O meu vai ainda fazer um ano mas pelo menos uma taça de Champanhe vou beber
hehehehehe
:)
parabéns, parabéns
Alea jacta est ¡¡¡ Con Rubicón ou sen él; de seguro que o Miño ten as mesmas propriedades. Moita sorte e parabéns ( polo xentir xeral :=)).
Uma apertísima
Felicidades
Que cousa esta da rede, nunhas cantas horas, que xa comezan a non ser poucas, deille a volta a un ano do teu calendario, xa me permito opinar sobre os teus amigos, a túa nova casa, @s amantes, ti...
Confésoo, onte á noite pasou fugaz (aquí tería que ir un link a unha páxina que tivese unha animación dunha estrela cruzando o ceo) a idea de ter o meu propio blog, é que son desas de "culo veo, culo quiero", e teño envexa deste teu blog tan cómodo para min.
A ver se hoxe dou chegado ao teu presente (imaxe cunha folla de calendario co día de hoxe), isto comeza a ser un vicio que xa non me podo permitir, outros (link a un ducados fumegante) vicios (link a unha imaxe dun vaso de vodka con lima) xa os sacara da maleta antes de sentar no vagón do tren de Kaplan.
Publicar un comentario