xoves, 20 de xullo de 2006

Construción


Como ía eu supor que a visita á nova casa en obras abriria a caixa de Pandora?
Desde hai tres dias estou nunha agonia por culpa dos azulexos dos baños, por culpa da ducha, pola cor das paredes, devido á falta de comunicación entre o amargado que me atende na construtora e o encargado da obra, que directamente me ódia.
Á miña volta rivalizan familiares e amigos, que me abouxan cos seus consellos. E isto, señores, non fixo máis que empezar.

4 comentarios:

X dixo...

A guerra das obras é proporcional á paz posterior, este é o prezo que ten que pagar, señor Kaplan.
Pense no momento en que estea gozando debaixo desa ducha vendo baixar a auga polos azulexos, nese momento, lembrará isto e debuxará un sorriso.
Siga todos os consellos, mesmo aqueles incompatibles para vivir en paz con todo o mundo, e moito ánimo.
;)

Peke dixo...

Como o comprendo, Kaplan! É para volverse tolo, pero parece inevitable. Léveo da mellor maneira posible. :)

Tongzhi dixo...

Ter obras é obra!!! DETESTO.
Que me desculpe se há por aqui algum mestre de obras... Para mim são todos umas BESTAS!!!!

Tenho dito!

Arin dixo...

E pensa poñer un urinario como o do amigo Polis? Non taría mal, non taría.