sábado, 1 de xullo de 2006

Felicidade

Desde que chegou o pasado Luns, non volvin ver un só informativo porque a televisión, cando está acesa, só dá paso a debuxos animados e programas afins; ademais, tampouco os meus novos horários coinciden cos antigos, e asi voan as séries que me interesan.
Antes das 9 da mañá xa a sinto remexer no seu cuarto, e dali a un pouco aparece para encher-me a cama con livros, puzzles, debuxos, ceras ou a boneca Uxia cos ollos cheos de lagañas.
Logo vén a cerimónia do almorzo, e a pequena guerra de vesti-la, lavar-lle a cara e organizar-lle coletas ou diadema.
Damos longos paseos por Ithaca: facemos a compra, visitamos algunha exposición, cobramos-lle a Vapin o tributo da piruleta, lemos cousas que nos interesan na biblioteca ou nas livrarias, tomamos algo nunha terraza, vamos atopando xente...
O parque é a nosa segunda casa (a terceira, se contarmos a de meus pais, onde xantamos muitos dias). Onte á tarde, mentres ela voava tan alto no colúmpio que dava co pé no cimo dos cedros máis altos, eu pensava que a felicidade se consegue con ben pouco: ás veces basta con tender unhas pezas pequeniñas da sua roupa, ou poñermos xuntos a mesa mentres se fai a cea, ou desenfundar o bocata de nocilla que ela comerá uns segundos despois.
Chamei-na entón para merendar. Detrás de min, os pavos reais ganiron, seguramente con envexa.

6 comentarios:

X dixo...

:-)

Peke dixo...

Pois páseo ben e goce mentres dura. :)

Laurindinha dixo...

E que daría eu por atoparvos nalgunha terraza de Ithaca... Envexo a túa compañía.

O levantador de minas dixo...

Os pavóns, se mo permites, deberon recoñecer o teu sentimento e comentaron entre si que os homes ás veces non parecemos tan parvos.

nona dixo...

Bu!

Morgana dixo...

Me sumo a la propuesta de laurindinha: espero que un día ns veamos en Íthaca (empiezo a sentir verdadera curiosidad)