xoves, 6 de xullo de 2006

Invitada

Está connosco desde onte a mellor amiga da miña filla, a sua prima E. de oito anos, sobriña da miña ex-muller, que foi quen a trouxo e me advertiu: É a primeira vez que dorme lonxe da casa.
Pola noite, cando entrei para tapá-las, vin que E. quedara durmida coa foto da família (o pai, a mai, a irmá, ela) na mao.

2 comentarios:

nona dixo...

Pobriña. Por moi divertido que sexas (e certamente o eres, ten razón Ali), non che hai como a familia dun.

bueno dixo...

Pelo menos ela nao chorou...