![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/320/articles-29185_Foto_Chuqui.0.jpg)
Non direi que percebin a calor do seu corpo incandescente através da porta cando me abriu, pero ben podia ter sido; na cociña, mentres lle paso toallas molladas para arrefecer o lombo, Polis conta-me que esqueceu levar a crema! que pasou horas a dar-lle ao patin no mar e ao volei na area, todo por seguir-lle o xogo a un tipo que resultou ser hetero!
Muitas toallas molladas despois, cando aparecen as primeiras bochas no lombo e a dor de cabeza, consigo que a antorcha humana venza a vergoña e imos ás urxéncias: Doutor House, non se che ocorra falar-me agora de melanomas, di ainda tras o martírio de poñer a camisa.
2 comentarios:
Ai, meu pobre!
Pobre home... o terror do melanoma vexo que é bastante común... agás nos usuarios dos solariums... ;)
Publicar un comentario