![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/200/rockwell.jpg)
Mentres os remiro, á sombra escasa dun dos negrillos, achégaseme Incombustible por atrás: Sorpresa! di poñéndome nas gafas de sol, até chantamas no nariz, unhas mans que sinto húmidas e incriblemente frías para a calor que vai.
Sen poderme safar, deixo que me invite nunha das terrazas, e aí comeza Incombustible a falar de alumnos e notas, de libros de texto e exames, de oposicións e vacantes; escoitándoa, dá a impresión de non ter vida fóra do ensino, e eu aborrezo mentres limpo as gafas e miro como algunhas pombas borrosas aterran na mesa viciña para devoraren restos de empanada.
A pouco, a conversación céntrase na sardiñada do San Xoán e ela relátama xovialmente, como se eu non tivese ido, rindo aos poucos e dando palmas para celebrar aquela noite prodixiosa que na realidade non deu para moito.
É a representación do mito da caverna, e eu e os meus amigos somos os tipos máis legais, divertidos e xeniais do mundo, e nunca se pescaron sardiñas máis saborosas, e desde logo ninguén conta mellores chistes que Polis nin hai un Vapin que caia tan ben de cu nas pozas.
Suamos os dous baixo o toldo verde cando apago o cigarro, e empezo a despedirme para ir comprar o pan cando ela solta o da cea: este Venres á noite, na súa casa.
Hai un par de horas chamou para pedirme os números de Polis e de Ti; tan só seremos catro porque a casa, ou caverna, é moi pequena.
3 comentarios:
Hum Hum Hum
Cigarro?
Acho que me perdín algo :)
Eskiusmi. Esquencinme do da bici. Ni no Nadal, ni en Semana Santa poido ser, pero de este verano non pasa. Temos que pedirlle o coche a os meus pais porque nin no teu nin no meu mini-coche cabe. Terás que pagarme unha rica comidiña ou millor unha cea con carajillo/gin-tonic incluído.
Oes, eso de safar tamén se dí por aí? Eu pensaba que era esclusivo da miña terra.
Publicar un comentario