venres, 14 de xullo de 2006

Endogámia

Disque cando Deus fecha unha porta abre sempre unha xanela.

Á vista da oposición dos comensais, e con muita diplomácia, conseguin que Incombustível deixase a cea para mellor ocasión.
Persiste en min, sen embargo, a sensación punxente da compracéncia, de non saber dicer non, de tragar con todo dixera Polis un destes dias, con esa dureza que deve enarborar nos xuízos. Comer canda nós unhas sardiñas e saltar a nosa fogueira non fai dos nosos a tal Incombustível, esa que pasava por aí.

Algo queimado porque non lles falta razón, veño remoendo para o tobo, onde unha xanela se abre telefonicamente: procedente da Comarca, este fin de semana estará comigo en Ithaca Haddock, o meu irmao-hobbit.

3 comentarios:

X dixo...

A manada ten as súas propias regras.

Tongzhi dixo...

Eu acredito nessa da "porta e da janela"...
Abraço!

Anonymous dixo...

ventanas abiertas, nuevos horizontes