domingo, 9 de xullo de 2006

Propósitos

Agora que as nenas marcharon, o Verao mostra-se como unha grande habitación vacia e luminosa que hai que encher da mellor maneira: sen viaxes que devoren as semanas, e á espera da nova estadia da miña filla comigo, resta a preocupación por converter en úteis os dias; en definitiva, máis ou menos a mesma obsesión dos últimos trinta anos.
Asi que empezo, unha vez máis, por facer un índice de propósitos, coma un neno boíño:

Leituras: Esperan por min, fan sinais como de fume e acenos de náufrago, agochados nas estantes do estúdio, non sei cantos livros que se me foron pegando ás maos os últimos anos. De camiño, non estaria mal tentar poñer orde nesas mesmas estantes: desde a mudanza, atopar un livro nesa selva é tarefa lenta e árdua, se non imposível.

Películas: Se sucede como todos os Veraos, non poderei contar coa televisión; pero a descuberta de dous filóns case inexplorados enche-me de esperanza: os fondos da Biblioteca e unha colección de VHS de El Mundo que o meu cuñado completou só para decorar o salón. Por outro lado, espero que Nican cumpra a promesa de pasar-me un lote de pelis recentes pirateadas.

Papeleos: Por muito que pareza mentira, ainda son un sen-papeis parcial; case un ano despois, ainda me falta rexistrar o coche en Ithaca e dar o novo enderezo en Facenda; tamén me faltan papeis da venda do tobo de Atenas, e alguns certificados para o próximo concurso de traslados.

Bicicleta: Desta non pasa. Hei de recuperá-la das profundidades da casa da miña ex antes de que bote raíces aló.

Vida social: Por unha ou outra razón, este ano Ithaca presenta overbooking; as terrazas agardan por nós como eu agardo polas noites cálidas e a conversación fluída e sosegada de non ter mañá que madrugar.

5 comentarios:

X dixo...

Envexa de seu verán.
Fermosísimo o xeógrafo de Van Vermeer.

Peke dixo...

Bos plans para as vacacións.

Morgana dixo...

Que tenga unas buenas vacaciones, querido señor Kaplan. Yo me marcho mañana por unas semanas: cuando vuelva le avisaré. Un saludiño.

bueno dixo...

Querido Kaplan, não seriam as férias feitas para colocar-se as pernas para o ar, poder ser preguiçoso, e não ter que seguir os ponteiros do relógio??? Cuidado para não over-planejá-las, se não, você vai ter que tirar férias das férias! Um abraço quente. O verão aqui está muito bom. Até melhor agora, que a Copa do Mundo acabou!

Laurindinha dixo...

Vaia casualidade o da bicicleta... creo que a miña está nun lugar similar... ;)