luns, 17 de xullo de 2006

Pola memória

Un dia coma este, hai 70 anos, empezou para o meu país a maior traxédia da sua história.
Hoxe queremos viver en paz, pero non sermos cómplices da mentira, a ignoráncia, a ocultación e o siléncio.
É mester recuperarmos a nosa memória histórica: até que a última foxa comun dos montes, os campos e os páramos de España non sexa aberta, e mentres o último morto siga sen nome e sen história, toda paz será indigna e imposível.

7 comentarios:

X dixo...

Ás veces sinto envexa de non ter feito eu algún dos seus blogs, este é un deles.

gaia56 dixo...

aunque no entiendo exactamente tu lengua entiendo perfectamente el sentido de tu comentario y me uno a él.
hay que recuperar la memoria histórica, el olvido no es una herencia digna

alfama dixo...

si, mais hai que andar con ollo, a memoria histórica tamén se pode politizar, e iso non deixa de ser tamén unha inxustiza.
Xa llo teño dito, non tanto na escrita, mais si en cada paseo polos seus post: que un pracer o seu blog...

Bertón dixo...

Ningun esquece... estou con vostede na lembranza!

pito de galiñeiro dixo...

Beizón, Sr. Kaplan, beizón.

O levantador de minas dixo...

Completamente de acordo: lembrar o mau para construir algo mellor. Unha referencia necesaria para criar unha utopía adecuada, un "norte" cada día mais preciso e próximo.

r.r. dixo...

E pensar que algúns seguen exactamente no mesmo ou peor :(