Sei que en todas as casas cocen fabas, pero desde o velorio non se me vai da cabeza a frase con que Tolstoi fixo comezar Ana Karenina; en realidade sen que teña moito que ver coa miña familia materna, que afortunadamente só se reúne en bodas, bautizos e, como agora, funerais.
Non tiña razón meu primo cando, ao cuarto asalto no corredor do tanatorio, comentou que nos parecemos á familia de Falcon Crest, pero sen viñedos.
De certo, quen sabe se pola pena, o pobre exaxeraba: estou en condicións de afirmar que ningún de nós ten tampouco un mordomo chinés.
7 comentarios:
Pero algún quixera, non si?
Uf! Eu com tanto livro por ler... :)
Entón en que vos parecedes? Na vestimenta e nos peiteados? En canto ao da infelicidade, supoño que sempre é bo buscarlle un motivo porque se non rilla moito as neuronas.
O Cesare aí estivo fino. E non o digo por min.
Si, en todas partes andan os cans descalzos.
Supoño que as relacións familiares dependerán dos diversos membros ( con ou sen mordomo chinés ).
Nunca imaxinaría tal.
Eu penso que ten vostede razón, a dor do dó, fixoo pensar que son infelices e mal levados...eu, despois de leelo a vostede, como a peke, tampouco podo crer tal.
Todas las familias se parecen. Todas guardan algún rencor, todas tienen algo que ocultar. Las más infelices tienen mejores historias y más literatura.
Publicar un comentario