xoves, 12 de febreiro de 2009

Oficio

Aprendo con rapidez o oficio e, máis cedo ou máis tarde, o baixapelis deixará de ter segredos para min.
Mentres copio e copio, sigo a pensar que non pode non ser delito, habida conta que non engorda nin é pecado nin me dá remorsos.
Desta vez, por exemplo, tras enxergar con cautela o descargado e de eliminar versións que unían a un título tan versátil palabras inverosímiles nun clásico como lesbianas, orgasmo ou ninfómanas, para cando na finde veña a señorita Kaplan non só as catro fillas dos March irán unha vez máis á tenda do señor Grace polos agasallos de Nadal, senón que nada impedirá a unha emperatriz en prácticas acudir á nosa cita, así que a nós xa nos cómpre írmonos preparando para unha brusca subida da glicosa en sangue.

3 comentarios:

o Raúl dixo...

o que se di un sábado pola noite...

mariajesusparadela dixo...

Vaia, señor Kaplan, quén fora filla súa...para volver chorar coas películas...

Sun Iou Miou dixo...

Xasús, coitadiña, cun pai delincuente.