luns, 28 de decembro de 2009

Cara e cruz



Segundo o cómputo máis habitual, en tres días terminará unha década, a primeira do noso terceiro milenio. Descubro no admirado Iniciarte que The Boston Globe resumiu estes dez anos en 50 imaxes; hainas certamente moi fermosas, pero a maior parte delas son atroces, tan cheas de infamia, violencia ou sufrimento que até o xornal velou algunhas.
A Humanidade, como sabemos e ela nos lembra teimosamente en cada momento, é grandiosa e miserable ao mesmo tempo, como as dúas imaxes de 2008 que escollo para ilustrar este post. Arriba, percusionistas durante a cerimonia de inauguración dos Xogos de Beijing; abaixo, un home e dous nenos, refuxiados do conflito do Congo, escapando de Goma baixo a choiva.


2 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Xa houbo quen dixo aquelo de que os humanos somos capaces do mellor e do peor... Pois eso; para mostra eses botóns que ti traes.

Apertas inocentes

Sun Iou Miou dixo...

Dixo un meu amigo nun resumo do ano: depresións e tristezas e non todo foi malo. O de sempre. E que non se converta en rutina que nin vemos.