domingo, 13 de decembro de 2009

Machado

(A petición dunha amiga, reciclo e colgo hoxe un post en homenaxe a Antonio Machado)



70 anos se cumpriron do falecemento de Antonio Machado en Collioure, onde chegou vencido, exiliado e enfermo, nas máis penosas circunstancias.
Conmove ver hoxe as fotografías daquel velatorio e humildísimo enterro: o cadáver deitado sobre unha das camas dun cuarto dobre de hotel; logo o cadaleito, envolto na bandeira tricolor e pousado sobre dúas sillas, espera ser levado por soldados republicanos a unha tumba prestada. A mai do poeta, agonizante e mentalmente ida, morrerá só tres días máis tarde.

(E non, non creo que se deban traer os restos a España).

5 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Eu tamén penso que debe quedar alá.
Ó fin o seu sitio está no noso corazón.

Sun Iou Miou dixo...

Manía ten o persoal con andar a mexer en cadáveres.

Ra dixo...

(da) uno es (da) uno y sus circunstancias, incluso donde le sobreviene la muerte. Ortega estaría conmigo :)


Agua pasada sí mueve molino, ¿verdad, Kaplan?

Chousa da Alcandra dixo...

Concordo tamén en deixar quedar onde está. Seguro que xa se atopa con Leonor e estan en paz, lixeiros de equipaxe...

paideleo dixo...

Supoño que Antonio Machado estaría contento de que o enterrasen en terra republicana así que millor é que estea alá.