Comezou o fin de semana interminable, a ponte de Santa Consti (como nos consta, pouco virxe xa e bastante mártir), e a señorita Kaplan voltou para atoparse co home máis nataleiro que, a dicir dela, coñece: seu pai, ou sexa, eu.
Espérannos os primeiros rituais deste mes tolo, e non sen tempo: a estas alturas aínda está a árbore desarmada no seu sarcófago no rocho e os adornos dentro dunha caixa no alto do armario, o nacemento segue sen montarse, as peúgas de feltro vermello de Papá Noel missing nalgunha gaveta, as felicitacións que con tanta preguiza e pouca orixinalidade enviaremos en poucos días agardan resignadas en Correos, a lotaría está sen pagar, e aínda nos cómpre ir ao supermercado por unhas cousiñas que esquecemos.
4 comentarios:
Ai... que fome me entrou de pan con touciño.
Ánimo Kaplan, noméoo I Anfitrión do Nadal. Mañá iremos xantar as sobras. Saúdos.
Voume apuntar ó cocido.
Eu non poño nen árbore nen nada desas cousas, que cando chegan á miña casa, xa están fartos de velas nas deles ( é desintoxicante, encontrar un sitio libre delas, ¿non si?).
En cuanto ó de Ponte, mellor, vaiase poñendo vostede (jajaja).
Sale usted ganando ;)
Publicar un comentario