E mañá aínda vén o "Domingo Tris", en que, efectivamente, como calquera Domingo, a señorita Kaplan marchará para a casa da súa mai despois de catro estraños días aquí: Onte, que era Domingo e festivo, foi día de abriren as tendas; pero hoxe, que era Luns e non festivo, as tendas estiveron fechadas.
A nena veu cargada de deberes, e cumpriume liberala de pór a mesa para que se centrase en cálculos sobre absurdos tendeiros e mazás amarelas e coloradas, rapaces que intercambian bocatas, e libreiros que prestan libros polas cores das súas cubertas. Dadas as magnitudes industriais do meu cocido, o xantar de Domingo repetiuse hoxe, con idéntico menú, idénticos comensais e até case idénticos temas de conversación.
A variante foi que hoxe unha desas nefastas conxuncións astrais causou o espectáculo de a porta da neveira descolgarse dos seus gonzos, ou do que fose, e estrarme a cociña de ovos escachados, leite, imáns rotos, kas de limón, un cu de botella de cava da véspera e unha negra nube de xuramentos e blasfemias.
Acabei tan canso despois de baleirar aquel sarcófago, despois de tendelo no medio da cociña, despois de parafusar, desparafusar e reparafusar aquela porta do sarcófago, despois de levantalo de novo e volvelo ao seu lugar e reenchelo, e pasar de novo a fregona por centésima vez ao chan, que o paseo que dei coa nena non foi para alén dos contentores de reciclaxe onde levamos as botellas.
Máis que nada por facer algo e evitar que o tedio nos comese.
5 comentarios:
Pois haille xeitos máis divertidos de evitar que o como o aburrimento.
Debeía plantexarse tamén se non terádemasiadas botellas na porta da neveira, non vaia ser...
Anímese que mañá xa traballamos...
(manda truco, estoume parecendo a esa galega que se chama dona Elena Salgado...qué salgada, pornos a traballar deica ós noventa).
Como me gusta que lle pasen desgrazas pequenas, Kaplan (creo que xa llo dixen algunha vez pero non canso de repetirllo). Esa descrición do chan da cociña estrado, desde os ovos ás blasfemias, é sublime. É vostede un poeta cando quere.
Ánimo, que xa veñen aí os días laborables para descansar, hehehe!
A mí los puentes largos me parecen casi una maldición, señor mío.
Nada como las neveras de playa :)
Ai os impropérios... como eu te compreendo numa situação dessas!!!!
Que desastre !.
Eu non relatei que se fundiu unha bombilla ou que que amañei a cisterna por enésima e inútil vez ( teu un tupper debaixo recollendo o que pinga ). Coa neveira pasoume unha vez algo semellante que se enferruxou un gonzo e alá fun á tribu dos chaterreiros rebuscar entre gonzos para atopar un menos enferruxado e distinto que fai as funcións ata día de hoxe ( pero tiven a sorte de non ter semellante estrado de ludro coma o seu ).
O Leo topeino todo contente xogando cunhas guirlandas nadaleiras e repitindo cores en inglés.
O barco de vapor é o Hidria Segundo e sae do porto de Vigo estes días para facer un percorrido gratuito ata Bouzas. É propiedade dun matrimonio ( máis ben da muller) e ten unha tripulación mixta onde é de admirar como traballan as mulleres.
Publicar un comentario