Sábado, inesperadamente, si que amenceu Ithaca cuberta de branco; coa nena aquí, temín unha horrible xornada de bolas de neve na Muralla, esvaramentos na rúa e mans coloradas, pero foi ao contrario: a señorita Kaplan pasou o finde pocha, laiándose da barriga e case sen comer.
Daquí só saímos a xantar na casa dos avós, e logo volta para o tobo, onde nun ambiente de apalancamento de sofá e xogos no ordenador, deberes de inglés, algunha vella peli polo medio e moitos moitos mecos, demos por fin acabado o belén, ese lugar ecléctico, abrupto, densamente poboado.
Como o anxo no estaba en condicións, á vista está que nos cumpriu improvisar un substituto.
Como o anxo no estaba en condicións, á vista está que nos cumpriu improvisar un substituto.
4 comentarios:
E san Xosé veña mirar cara arriba. Seguro que a él tamén lle gusta Batman.
Así mola, un ángel altamente sexuado ;D
Encántame o substituto! Hehehe! E aquí tampouco fixo un día nada frío: moita chuvia, moito vento. Frío fixo o sábado.
(Carai, xa parece que estou nun ascensor, a falar do tempo.)
Me encantó el Batman: el año próximo pruebe con Spiderman
Publicar un comentario