Contei onte como transcorrera a rutina dun fin de semana invernal cuxa lembranza non iría máis aló de pormos o Batman no nacemento, como a vez que a nena puxera, xunto ao boi e a mula, aqueles dous dinosaurios de plástico.
Pero o que non contei aínda é que o Domingo pola mañá sucedeu algo funesto; que Agamenón, Ulises, Aquiles e Héctor apareceron inexplicablemente mortos, todos á unha e sen ningún respeito pola épica.
A señorita Kaplan, moi observadora ela, decatouse de que, a diferenza das mortes dos peixes anteriores, nesta ocasión había un claro sospeitoso: o que renovara a auga do acuario, o último en dar de comer aos peixes, o mesmo que agora anda remoendo se será boa idea seguir a subvencionar unha tenda de mascotas.
Eu.
3 comentarios:
Polo si polo non, señor Kaplan, queda dispensado de me convidar a cear.
Fóra chistes, unha aperta forte para aliviar a tristeza.
Pola miña banda, tamén queda dispensado...per, penso que mais que a comida pode ser efecto do ouxíxeno, ou de augas non axeitadas.
Os meus peixes viven nunha certa liberdade e non sei como sobrevivan, pero non moren porque entra auga suficiente e sen contaminar.
E, de certo que non é cuestión de subvencionar de por vida unha tenda de mascotas: terá que pedir a axuda de un experto.
A mi los peces me gustan en las pelis, en los grandes acuarios o en el plato de una marisquería, qué le voy a decir.
Publicar un comentario