martes, 22 de decembro de 2009

Tampouco

Apesar de ser un sistema que prolifera, a min o de enviar a número da lotaría no último minuto e por móbil non me convence nada. Ese é un dos dous motivos polos que onte, farto de esperar velo un destes días, e desafiando as inclemencias meteorolóxicas, volvín á casa de Polis.
O outro, indagar no seu estado civil, anímico ou mental mentres tomamos unha cervexa, iso no suposto de atopalo vivo e de que houbese cervexa na casa.
Tampouco foi desta; metinlle a participación por baixo da porta inexpugnable e marchei mandándolle un sms de aviso que me respondeu cunha chamada dúas horas despois: o número que xogo non o sei, porque non tiña con que anotalo, pero si que Polis anda estresadísimo no traballo (tantos EREs, tantas quebras, tanta crise) e que segue con Encantador, xa que pasarán xuntos (como sempre, recalcou Polis) os festivos na terra del, e o final de ano posiblemente en Madrid, entre osos, cadros e fadangos.
Ti terás a nena contigo, claro.
Debo estar susceptible, pero a última frase, colgante e afiada coma un gancho, tampouco esta vez me gustou nada.

6 comentarios:

Anonymous dixo...

Está claro que 3 anos despois a Polis aínda lle proe certa ferida... e quere amolalo... e o consegue.
Saúdos.
X

peke dixo...

NOn faga caso de determinados comentarios. Non paga a pena.

Sun Iou Miou dixo...

Unha aperta forte, señor Kaplan. En serio.

mariajesusparadela dixo...

Señor Kaplan, encántame pensar que ten a nena con vostede, porque iso faino grande, grande ós meus ollos.
Sei que pouco importa o que eu pense, pero teño por seguro que non é un pensamento único o meu: indague.
Boas festas e unha aperta.

Perry dixo...

Feliz Navidad y no pienses en cenizos y desaboríos. Yo ya me voy a casa.

Tongzhi dixo...

Boas Festas!!!!