Leo atónito que a nauseabunda Telecinco de Berlusconi absorbe (ou se fusiona con) Cuatro, propiedade do grupo editorial ao que pertence o xornal que sigo hai máis de 20 anos; garántese que Cuatro manterá denominación e identidade diferenciadas, pero só durante o primeiro ano controlará a liña ideolóxica dos seus informativos.
A rancia Antena 3 e a Sexta, irreverente e progre, manteñen conversas avanzadas e traballan para faceren posible outra fusión, aparentemente contra natura, á maior brevidade.
Se ben a televisión nunca foi nutritiva, agora empéñase en demostrar que tamén produce monstros.

5 comentarios:
Pois van acabar connosco. Se non hai que ler e que ver, pobres de nós.
¿e que slogan porán agora os do canal plus en aberto? ¿e a quen van poñer dicindo disparates os da sexta que ainda onte puxeron a una amigo meu falando dun cardenal núo nas noticias de antena 3, no intermedio?
Pobre
de min...
Unha razón máis para non comprar o maldito convertedor de TDT. O apagón analóxico vaime pillar a dúas velas. (Ende ben, existe a internet, aínda.)
Alguna sabia mediática dijo aquello de:
Me quedo muerta.
Pues eso.
A comunicación neste país está cada vez en menos mans, e agora aínda menos. Máis fácil de controlar.
Apaguemos a tele e saiamos.
Pois tés razón: reóforos e reóstatos ( e o queiran dicir ).
Menos mal que a tele deixou de existir para min hai un par de anos.
Publicar un comentario