Comeza Novembro co habitual labirinto das pequenas liturxias imprescindibles: retrasamos unha hora os reloxios (aínda algún haberá pola casa coa hora vella), levamos flores ao cemiterio apesar da alerta por ventos fortes e choiva, pensamos en magostos e viño novo, escoitamos as aventuras da señorita Kaplan no Samaín da escola, lembramos os mortiños familiares, miramos con resignación o calendario, a tiro de catro días para outro lastro, e entre libros e pelis buscamos con que celebrar o inicio deste bendito mes.
A curtametraxe, moi laureada no seu día, axuda a reflectir sobre o dereito a morrer dignamente.
Por moito que algúns teimen en negalo, non hai nada máis natural nesta vida que morrer; médicos, pacientes e familias alíanse para gañar batallas, unha e outra vez, pero habitualmente esquecen que a guerra está perdida de antemán e que a mellor saída é sempre aquí a rendición digna, incruenta e sen sufrimento.
A que desexo para min e para os que eu quero.
A que desexo para min e para os que eu quero.
11 comentarios:
Buenísimo corto animación cien por cien española, excelente guión, nada que envidiar a la fábrica Pixar, toque siniestro poético a lo T. Burton y médico Toy !magnífico! ha sido un placer recordar os mortiños, que moltos quieren serlo y no os deixamos.
Te sigo Kaplan, da cerca, de prop.
A veces desde Cariño a Coruña, otras desde Andorra.
Bicoooos
Temos que coidar á señora da gadaña, que a vexo moi desmellorada. Mira que se non hai quen veña por nos...
Hai xa tempo que a vira, da man de Ciberculturalia, e encantoume.
Tanta, que volvín vela da súa man.
O dereito a morrer dignamente é un dereito fundamental para a vida. A vida esixeo como esixe xamáis rendirse ou como o célebre e defunto Marcelino Camacho afirmou: "Si uno cae se vuelve a levantar."
tiña oído falar desta curtametraxe pero non a vira, gustoume moito porque é divertida e unha parodia da vida real, na que nos empeñamos as veces en alargar a vida mais alá da dignidade.
biquiños.,
A libertade de decisión e en calquera ámbito da vida non debería nin ser cuestionable. Apertas.
Non me atrevín a ver a curta ¿vaime poñer a pensar, recordarme a inevitabilidade, a dor a separación das persoas que amo?, mira que é pola mañá. non quero hoxe profundar moito, estou algo sensíbel. Tamén andiven cos meus mortiños a voltas, co viño, coas castañas, cos amigos [que non falten].
Eu tamén estou a favor da rendición digna, incruenta e sen sufrimento.
Avíseme se podo vela sin que me afecte. ¿vale?
Grazas por mostralo, Kaplan.
A questão é tão somente de termos, eu e o teu pai e muitos outros certamente, a sabedoria de acreditar que não somos os piores de entre os loucos e de que haverá sempre quem de nós fará, alguém quase bom...
Abraços PAR
Ata para morrer hai que ter estilo, dignidade e sobre todo moita resignación.
E agora vou ver a curta!
Ía decir aquelo de Deus te oia... Millor será estar caladiño. (Pero pensalo, pénsoo).
Por qué raio seremos tan revirados... Será medo? (ou prevención, que decía o meu pai...)
Publicar un comentario