Indo camiño da miña casa, tento adiantar dous rapaces que falan mentres empurran as bicis; van ocupando todo o paso, e non podo deixar de escuitar como un deles se lamenta de que este ano o seu cumpreanos vai coincidir con Halloween.
Cando consigo deixá-los atrás e chegar á casa sinto-me abraiado, abducido e colonizado como nunca polo cine americano. Repentinamente, sobresaltado pola peor idea, corro ao calendário: por un momento pensara se o meu aniversário podia ser que coincidise co Dia de Acción de Grazas.
Felizmente, non.
1 comentario:
Probou vostede co día da Independencia? Ridiculamente coñecido como día do Tío Sam?
Publicar un comentario