domingo, 18 de setembro de 2005

Illa anónima

Ás veces é mester cambiá-lo todo para que nada cámbie. Por iso a sustitución do vello título da bló, por un novo título que alude xa a chegada, a estáncia, a permanéncia: Ulises, Robinson, ou Kaplan, terminou o seu longo camiño de experiéncias feito, e agora vive entre os seus parentes.
Pero o motivo de romper amarras non é realmente este. No post anterior xa eu oscilava entre seguir adiante ou parar, perante a presión que supuña saber que a bitácora fora descuberta novamente por unha das suas personaxes.
Pois ben, existia unha terceira via: cambiando o título e o enderezo, a illa seguirá existindo, pero xa non darán con ela facilmente os que a procuren a barlovento dos horizontes.
Será como volver empezar, outra vez nun meridiano innumerado.

4 comentarios:

Cesare dixo...

Ben.
É un exercicio imposíbel este de andar fuxindo. As palabras que deixamos algún día chegan ao seu destino, case sempre sen que o saibamos.
En como as encaixan distinguimos os bos dos maos.

Laurindinha dixo...

Anoto a nova dirección. Seguirei visitando ao Robinson de Ithaca.

Peke dixo...

Pois menos mal que non desapareciches. Concordo con Cesare niso de fuxir. Grazas polo aviso, que estaba despistadísima. :)

Moraima dixo...

Cada vez me cae mellor o Cesare, case sempre fermoso e por veces ademais sabio.
E ti, ti anda e para de deixarlles aos demais fedellar no teu ordenador ou non haberá servidor no mundo capaz de ocultarte.
:-)