![](https://photos1.blogger.com/img/286/5323/200/kki.jpg)
Fin da illa anónima, dos meridianos inumerados e dos soños de liberdade de Robinson; a sobriña neta de Sherlock Holmes chega á Corte e o primeiro que fai é enviar-me un e-mail con crónica de obras e atascos que termina nunha gillette: He limpiado la nevera y te he encontrado Robinson...
Durante dez dias estivéramos a xogar ao gato tras do rato para afinal virmos ás mesmas, asi que no dia de hoxe, cativo e desarmado Robinson en Ithaca, Tere Holmes acada os seus últimos obxectivos e eu, Kaplan, dou-me por vencido. Pido papas!!
6 comentarios:
eso que quere dicir, que non volve postear máis ou como é?
O teu tempo de bitácora é un percorrido polos presentes cotiáns, os presentes alternos, os presentes soñados, pero é sobre todo unha viaxe a través do teu tempo do maxín. Constrúes con palabras mundos paralelos poboados de heroes espaciais, animais fabulosos sen deixar de ser fiel a túa realidade. Es un feiticeiro cibernético da palabra. Desfaste en refleccións nocturnais e en segredos escondidos a luz do pasado... A parabra é un milagre que suxire, crea, enamora e transforma, pero tamén o máis perigoso: que atrapa. As historias de Ithaca e o seu retornado morador fan iso: atrapan e, sabia e cautelosamente, agasallan coas cores que desvelan o agochado das noites. Comprendo a incomodidade da “redescuberta”.
Daniel Rambaut
señor rambaut: esta bló empeza a ser tan de vde. como miña.alegra-me saber que lle gosta camiñar da miña mao por ithaca.
Daniel Rambaut non foi un mártir protestante?
Xa me parecía a min que Tere ía acabar dando contigo outra vez, non é tan difícil. Se é o que ten Ithaca, que por moitas voltas que deas, sempre acabas volvendo a ela.
No se quien eres,pero desde hoy prometo leerte,me relaja,no se...
Un saludo de un pontevedres
Unha das marabillas do teu blog é a escolla de imaxes e links que levan a outras imaxes e a outros textos.
Cada vez que te atopan unha contracción no cardíaco avisa de que algo malo pode estar a piques de pasar.
Publicar un comentario