A rentes de marcharmos a nena e eu, Zara chama polo móbil: que baixe alguén, que teño unhas poucas mazás da casa para vós... Un bon saco delas enche agora a casa co arrecendo estupendo do Outono, coa expectativa da compota que elaborarei desde mañá, coa calada alegria de quen recebe un presente coma este. Inesperado, gorentoso, pracenteiro.
4 comentarios:
Anonymous
dixo...
Pelalas mazás e quitarlles o corazón.Cortalas en anaquiños.Poñelas nunha cazola apenas cubertas pola auga. Engadirlles unha cortiza de limón e manteiga de vaca ( a biolóxica está moi boa e véndese na Cova da Terra en Ithaca, 50 gramos por quilo de mazá) poñelas ó lume suave e deixalas tapadas ata que esteñan tenras.Escorregalas, retirala cortiza do limón e machácalas ata conseguir un puré fino. Emprégalo para acompañar unha carne de Deguste Saúde ( Tamén na Cova da Terra) ou para postres ( Biolóxicos, na Cova da Terra) D.Rambaut (En "vivo" dende o rocho )
Que doce e afastado olor de mazás da casa agora que para min comeza o verán. Si, volvín, teño que poñerme ao día coa túa vida axiña, antes de que este teu blog termine de alterar a miña.
4 comentarios:
Pelalas mazás e quitarlles o corazón.Cortalas en anaquiños.Poñelas nunha cazola apenas cubertas pola auga. Engadirlles unha cortiza de limón e manteiga de vaca ( a biolóxica está moi boa e véndese na Cova da Terra en Ithaca, 50 gramos por quilo de mazá) poñelas ó lume suave e deixalas tapadas ata que esteñan tenras.Escorregalas, retirala cortiza do limón e machácalas ata conseguir un puré fino. Emprégalo para acompañar unha carne de Deguste Saúde ( Tamén na Cova da Terra) ou para postres ( Biolóxicos, na Cova da Terra)
D.Rambaut (En "vivo" dende o rocho )
Cando estaba en Atenas unha amiga regalábanos mazás das súas árbores. Unha cousa que boto de menos de alí.
Mazás...recendo dos últimos días de verán...
(Procurar o significado desta froita nun diccionario de símbolos)
Que doce e afastado olor de mazás da casa agora que para min comeza o verán.
Si, volvín, teño que poñerme ao día coa túa vida axiña, antes de que este teu blog termine de alterar a miña.
Publicar un comentario