martes, 13 de setembro de 2005

Mercado

Se onte pasei a tarde coñecendo o mundo laboral da mao de Zara, mañá marcho para Atenas a xantar con Ilu e Ambece. Os dias pasan a correr, e enchen a miña vida en Ithaca de acontecementos, compromisos e citas que non me deixan ver o bosque.
Impón-se, pois, unha tarde desconectada: volvo da de meus pais á miña en canto rematamos o café, poño unha lavadora, recollo a roupa posta a resecar hai tres dias, limpo os baños, atopo unha boa escusa para non pasar o ferro á roupa recollida, e esta é que devo responder un certo número de e-mails que sen escusa ben poderia responder a semana vindeira.
O certo é que a sensación de desagrado da tarde de onte perdura ainda: o mesquiño portador do ollo artificial, a sua suficiencia mediocre e vaidosa seguen a tanxer as miñas peores cordas.
Sen embargo, Zara é optimista co resultado da entrevista, pero paradoxalmente di que non se fai ilusións, que sabe que con 35 anos o traballo vai ser para outra, ou, máis provavelmente, para outro.
Falo con ela antes do xantar, sabendo que hoxe traballa de tarde; interrompe a conversa para retirar a tixola do lume; sinto-a manexar cacharros ao outro lado do fio; volve e pregunto-lle que van comer hoxe; peixe, responde. Claro, hoxe é Martes, dia de mercado en Ithaca: tamén nós o xantaremos, e Vapin, que me chama para dicer-me que ao serao non irá á Cova, tamén me di que está a asar unhas xardas.
Parece que toda Ithaca está a cociñar peixe, e a min lembra-me cando era neno, e cada Martes e cada Venres, os dias de mercado, havia peixe fresco na nosa casa.

1 comentario:

Laurindinha dixo...

Demo de luns, aquí onde eu vivo o peixe déixase caer case que un día si e o outro tamén, mais o luns é o predilecto! É unha pena terlle tan pouca estima a eses animaliños azuis, co bos que andan os tipos por estes mares das Rías Baixas.