Despois de ter vivido, entre outros lugares, nun xeneral fascista, nun médico fusilado no 36, nun castrón dourado, entre gramáticos, nun patriota asasinado, nun historiador lusitano, entre ras cantarinas, nunha novela de Galdós, nun galeguista exiliado, nun pintor barroco e nun escritor manco, sinto agora o desexo irrefreável de morar nun aristócrata mostrengo e decimonónico, pero ben orientado a leste e con solciño matinal.
E, tras pensá-lo muito, asino na promotora un papel que novamente me asegurará un vínculo estável de várias décadas cunha entidade creditícia.
Eufemismos á parte, veño de asumir unha hipoteca para resto da miña vida.
Iso si, o tobo é soleado e moi acolledor.
8 comentarios:
¿ Ten rochiño acolledor? :-(
Daniel colleulle lei a vostede, levoulle tempo pero colleulla.
Buf, que momento.
E non lle tremen as pernas?
Eu levo feitas vintepico mundanzas; eso si, ainda non teño hipoteca enriba do lombo.
Para mim era um trauma. Detesto mudar de casa!
No é vostede o único, aínda que non lle sirva de consolo. ;)
O da paranoia é ironía do Sr. Kaplan-House. Non vos preocupedes que non toleou.
Xa sabes que penso que poder pagar unha hipoteca ainda que sexa hasta a xubilación é un privilexio que non todos teñen nos tempos especulativos que corren.
Ainda que falta tempo espero con impaciencia a festa de inauguración!!!
uffff
Novo tobo, parabéns señor Kaplan.
Publicar un comentario