![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/400/MarisolSardinhas_139.jpg)
Nada disto sucedeu: 10 kilos de sardiñas por 40 euriños enchen co seu arrecendo marítimo a cociña, e converten a miña neveira nun Cantábrico.
Por 40 euros non vale a pena facermos contas nen a vaquiña polo seu: mentres as flores maceran co solstício, hoxe á noite, cos habituais do akelarre e algun espontáneo, asaremos as sardiñas nun lameiro que pronto deixará de ser da família de Ti para dar á luz unha urbanización de adosados xunto ao rio.
Pero esa é xa outra história.
4 comentarios:
¿Entre eses espontáneos contas con nós, verdade?
Daniel
Feliz solsticio, Kaplan!
feliz solstício para todos! parece mentira que pregunte esas cousas, sr. rambaut, vde. é dos da casa...
(por certo: muito tempo havia que non pasava por aqui, benvindo!)
nao conheço essa comemoração. Mesmo assim, feliz solstício! What is it???mvsjygon
Publicar un comentario