A espera terminou: o pai de Vapin morreu, consciente e rodeado dos seus; docemente ao parecer, segundo nos conta o própio Vapin no vestíbulo do tanatório.
Ti, Nican, Cris, Tere Holmes e eu estamos a este lado do rio de siléncio que corre sempre nestas ocasións; ao outro lado están, como nunha illa de tristeza, unha muller de pelo branco e os seus fillos, dous deles amigos nosos, para os que non hai consolo.
E en todos, a mesma perplexidade perante a morte, como no princípio dos tempos.

4 comentarios:
Síntoo, Sr. Kaplan, sinto que a morte ande ao seu redor.
A morte, cando acontece no verán, é dobremente tráxica. Pésame para Vapin... ánimo tamén para Kaplan...
Eu tamén o sinto. Ánimos.
¿Qué te puedo dar que no me sufras?, es la frase que repiquetea continuamente en mi cabeza al pensar en él. Otra vez desde esta jungla de asfalto ardiente, con mucha tristeza. Bicos
Publicar un comentario