xoves, 16 de xuño de 2005

Auséncia

Volvíamos a Manderley despois de vários dias, e a lavanda florecera na horta, diante da casa. Esa mesma noite naceu a miña filla.
Desde aquela pasaron cinco anos e muitas cousas, e hoxe, como cada mes de Xuño de cada ano, acudo onde sempre, e regreso cun ramallete de flores azuis que encherán a casa muitos dias co seu arrecendo intenso e limpísimo.
Paso a tarde a corrixir exames, tediosamente.
Todos estes dias tiven na cabeza muitas cousas relacionadas co final do curso, o traslado a Íthaca, a viaxe a Irlanda (para a que tan só resta un mes), o fin de semana pasado e o seu perigoso abismo, e entre tanto tampouco é menor o desacougo polos resultados do Domingo. Contrariamente ao consello do Santo, poño-me a facer mudanza en tempos de tribulación: cámbio-lle o look á blog, pero ao segundo dia asócio o novo fondo a mapas de tesouros e a xornais vellos, aborrezo de contado, e volvo ao verde inicial deixando polo camiño non sei cantas horas de traballosa esterilidade.

Eu xuraria que non estou aqui.

3 comentarios:

Anonymous dixo...

Pero sobrevive... Animo, meu

Anonymous dixo...

algúns arrecendos convócannos aos máis perfectos aniversarios.
quizais non esteas aquí, pero estás preto.

Peke dixo...

Eu vou de frívola e direiche que me desconcertou a mudanza. Agora volvo a terreo coñecido. Non deixas de sorprenderme. :)