xoves, 1 de setembro de 2005

Achado

O dia da inauguración do novo covil chega Vapin antes que as outras para axudar-me a levar ao faio as últimas caixas, os últimos restos de naufráxio ainda varados na praia. A dona do piso dera-me as chaves o dia que asinamos o contrato, pero nen me dixo cal era o rocho dela nen o que contiña, tan só que estaba cheo de cousas vellas, e que por favor non rompese nen descolocase nada.
Despois de provar a chave en todas as portas e atoparmos a que era, descobremos que, como Marcelino, tamén eu teño un Cristo no faiado. Mide máis de metro e meio, e estaba envolto nun plástico que atravesaban as espiñas, coma un cadáver de serial televisivo, o que talvez facia máis sinistras as suas feridas e laceiras, as feizóns trémulas e desencaixadas, a chaga do costado, os ollos entornados...
Pero non está só: con el hai unha morea de santos e virxes muito máis pequenos; de xeso, nada valiosos, non se pense. Alguns envoltos en plásticos cheos de porcaria, pero outros mostrando con total desinibición as eivas e marcas dos seus martírios espantosos.
Desexando que nengunha voz desde o alto me pedise pan ou viño, arrumamos de contado as caixas nun recanto, fechamos a porta para sempre, e fomos abaixo, a preparar as cousas para a festa.

7 comentarios:

Anonymous dixo...

¡ DIXENCHE QUE POR FAVOR NON ROMPESES NIN DESCOLOCASES NADA! ¡ E ENGADO QUE TAMPOUCO CURIOSEES CON NINGUÉN ! O martirio é un segredo que só chegan a descobrir os malos inquilinos. :(((((

Kaplan dixo...

glups: vexo que andan ao axexo; ainda ben non puxera as ligazóns e xa me descobren o achado.

Kaplan dixo...

non pode botar a patiña por baixo da porta? (espero que non fose a caseira)

bueno dixo...

hey kaplan, obrixado pelas palabras de consolo. Tienen momientos que la bida dá unha porrada nel roxto darrente! mismo así, todo de bien para tu nuebo sítio. axé!

Anonymous dixo...

Ayyyyyyyyyyy¡ Non pode ser, cortáronmas en anaquiños pero son o da bolsa máis suxa, cobrizo como o irlandés.
Daniel Rambaut :))

Peke dixo...

Ehem, istoooo. A festa ben ¿non si?

Kaplan dixo...

a festa mui ben, ainda que foi preciso frearmos as invitadas e que non subisen ao museo dos horrores