venres, 16 de setembro de 2005

Encrucillada

Incrible pero certo: Tere Holmes entra no buscador para atopar o seu enderezo electrónico e o que atopa é este blogue, no que entra para ler como en Setembro pasado Vapin e eu teimábamos en facela desistir de cambiarnos por unha depilación.. 
Agora, outra personaxe deste universo (e van tres) descobre unha nova dimensión de si mesma que nin sospeitaba hai poucos días, e este demiurgo á inversa houbo de comparecer e explicarse.
Vai resultar que os irmaos blogueiros tiñan a razón cando mo advertiron, e que o que era unha Ithaca secreta vai devir nalgo parecido á casa de Gran Hermano.
Xorde entón o desacougo de non contar no sucesivo o que quero senón o que debo para non rabuñar a sensible pel da amizade; o desacougo de pensar que os meus amigos deixen de comportarse espontaneamente, sabéndose retratados; o desacougo de interferir no curso natural das cousas, coma os deuses antigos interviñan nas vidas dos mortais.
Nestas estamos, e esta mañá cando me erguín pesaban sobre o meu ánimo de igual modo a posibilidade de seguir coa bitácora como a de fechar Ithaca para sempre.
Baixo sete chaves.

4 comentarios:

fisiologus dixo...

como es posible que yo lea esto horas antes de ser publicado?

Anonymous dixo...

Coido que cho avisei: ¡ Non subas o rocho, que estamos "durmidos" !. Eu pedín e implorei porque non houbese "represalias" pero coido que só me respectaron a medias.
Eles agora debecen por "publicar" o teu mundo segredo e buscan milleiros de xeitos de facelo. Incluído o tentar a que "espien" enderezos no web e lles saias tí.

Pd: de tomala decisión de non relatar máis, sentiréino fondamente.
Daniel Rambaut

Arín dixo...

Sentiría moito que deixases de postear, pero claro é unha decisión túa. Afectuosamente, Arín

Moraima dixo...

Que sorte teño de vir do futuro, non paso a angustia de non saber se has de seguir co teu blog, afortunadamente segues aí mais...cada vez que alguén da túa realidade se descobre aquí nos resta un anaco de sinceridade espontánea.
(Si,xa sei, xa me ía para a casa, pero pensei...só un mes máis)