luns, 31 de outubro de 2005

Dilúvio e fin



A primeira noite de Zara aqui, a primeira que dormimos xuntos, resultou case fluvial: pegada a min cando dormia, a humidade entre os nosos corpos, os fluídos entre as nosas pernas e o sexo, parecian dar continuidade a unha noite acuática que acudia a desfacer-se en lufadas contra os cristais, curiosa, para nos espiar. Tardei horas en dormir, e antes ainda sentin que Zara murmurava en soños.

Acordou-nos a choiva sen que amencera, e á claridade ténue que entrava de fóra, das farolas insomnes estúpidamente paradas baixo o dilúvio universal, volvemos enlazar-nos.

Pola mañá desfrutei vendo a Zara pola casa, co meu roupón de raias volvendo da ducha, e mentres a via vestir-se onda min, mentres a sentia falar polo móbil co seu fillo por ver a que hora chegarian, unha pregunta: Merece a vida realmente viver-se sen alguén ao lado que algunha vez poña a tua roupa, durma na tua cama, coma do teu mesmo prato?

Non atopei resposta almorzando nen despois, cando xa Zara se tiña ido, e eu recollia no salón, na cociña, no dormitório, os restos daquel primeiro Sábado varados sobre a praia.

E de todo aquilo pasou tan só un dia e meio.

4 comentarios:

Laurindinha dixo...

Que xeito tan elegante de expresarte, e a imaxe é tan adecuada... O fermoso está nos pequenos detalles que relatas: quedei conmovida cos calcetíns mollados do anterior post (teño a escena presa na memoria...), e a auga correr... a humidade...

bueno dixo...

kaplan, isso está soando como paixao. nao quero cortar teu barato, mas mesmo assim digo, cuidado. sao em emprenhadas como estas que quebramos ou o pescoco ou o coracao. mas fora disso, te desejo toda a felicidade do mundo. é bom dividir a vida com alguém que se ama. os dias tomam mais sentido, e as horas passam prazeirosamente. um grande abraco, e espero que vc nao se zange comigo por eu ter dito o que talvez nao devesse...

Laurindinha dixo...

Non val a pena ter coidado; o importante é desfrutar do momento!!E como nos fan desfrutar as paixóns...

bueno dixo...

É... a Lauridinha tem razão!