mércores, 26 de outubro de 2005

Xente coma vós!

Non foi Stonewall nen foi Auschwitz, foi na Coruña hai 25 anos, e hoxe está na nosa memória. Porque o mundo non cámbia: hai que cambiá-lo!

O 26 de outubro de 1980, hai hoxe 25 anos, tiña lugar na cafetaría Manhattan da Coruña a primeira concentración de protesta homosexual celebrada en Galiza. A tarde dese día dous gais sentaran a tomar algo nese céntrico establecemento coruñés e recibiron a resposta de que "a xente coma eles non se lles atendía". Como consecuencia, horas máis tarde formouse unha concentración de gais, lesbianas e persoas vinculadas a partidos e sindicatos de esquerda que despois de pediren consumicións saíron á rúa para concentrarse no exterior sen pagalas. Unhas 300 persoas, din os xornais da época. Para lembralo, a Federación Aturuxo de Colectivos LGBT organiza un acto de homenaxe este venres, no Forum Metropolitano, ás 20:30, no que participarán algúns dos pioneiros e pioneiras desa concentración. Os gais e lesbianas actuais quixeron que o acto de homenaxe se desenvolvese na propia cafetaría manhattan, en sinal de que os tempos mudaran, pero o propietario negouse rotundamente 25 anos despois.

[Para xeral coñecemento, collido e copipegado de Vieiros]

4 comentarios:

Laurindinha dixo...

Perdoa pero agora mesmo ando algo perdida coas datas... Pero pescudarei...
Por certo, podes vir ó meu post de Maruxa Mallo a contar a anécdota do Venézia?
Agradeceríacho moito (e Aquí tamén).

Tongzhi dixo...

25 anos... é obra!

Laurindinha dixo...

Gracias por contarnos a anécdota, Kaplan, é preciosa...
E que pasou exactamente na Coruña hai 25 anos, cal é o fito ou o símbolo?

Laurindinha dixo...

Non tiña nin idea. Grazas por contalo. A verdade é que é incrible que iso ocorrese en 1980 pero aínda máis que o dono do local sega comportándose dun xeito semellante hoxe en día...