martes, 25 de outubro de 2005

Ostras

Recén traídas daló no Batmóbil, entra Pólis con elas e un amplo sorriso debuxado que tamén a min me fai sorrir e, por outro lado, me enche de receos.
Temo que volva á carga con declaracións inoportunas, pero non, Pólis parece estar xa nunha onda diferente da semana pasada.
A ver, sorprende-me, digo; e el, abrindo armários na cociña á procura de copas para o viño que tamén trai, consegue sorprender-me: Tadsio-A-Lua reaparece esta temporada nos mellores cines.
Pólis vén de pasar o finde en Teucro con quen, aflito, agora lle xura compensacións afectivas e económicas, que son as que a Polis menos importan, porque agora por fin volve coller a lua coas maos, como antano, esa ilusión...
Intercalo moluscos e copas de viño mentres escuito o argumento dunha película que xa coñezo, e que a estas alturas presenta un final máis que predicível.
Ostras do mar de Vigo, se vistes meu amigo...
Oxalá eu me equivoque. E ai Deus, se verra cedo! que diria o fotógrafo.

3 comentarios:

Anonymous dixo...

Pero non podes permitir que Polis volva con ese impresentable. Non podes permitilo!!

Plattdorf dixo...

Non estou de acordo con anónimo. O estado de graza que vive Polis mentres ten esa ilusión non llo paga ninguén con nada.

Déixeo estar. Iso é a vida, simplemente.

Arín dixo...

Fotografo? Que fotografo?